A Escolma de Nessy

Hoxe alédame tanto presentarvos este proxecto que estuvo na miña cabeza dende que o taller de Casal de Creación comezou a traballar. Agora, finalmente, A Escolma de Nessy está tomando forma e será presentada durante as vindeiras semanas. Trátase dunha colección de obras de autor enmarcadas da forma máis persoal e concreta, adapatada á obra. Deseños únicos de artistas emerxentes, artesáns, ilustradoras, grafiteras, tecedoras… Peciñas que beben de diversas fontes e backgrounds artísticos. Así, na Escolma de Nessy poderedes atopar enmarcada por Casal de Creación obras de: Minia de Studio Variopinto, Miss Hope, Cavalinho do Demo, Alex Bast, Iria Prol, Mery Mountain (María Montes que é a artista encargada do noso logo para a Escolma, o fermoso mirlo sobre do marco), Natasha Lelenco ou Axóuxeres e Chisqueiros… E isto é só o comezo, agardamos co tempo poder aumentar a nosa familia.

Trátase de facer pezas únicas e irrepetibles. Agasallos exclusivos pero para todos os petos, pois na Escolma seguimos apostando ao igual que Casal de Creación por unha enmarcación de calidade e democrática. Marcos en madeira de ayous feitos e pintados a man con técnicas de enmarcación a nivel Conservación.

Artistas e artesá dándose a man nun diálogo entre obra e marco, xestos cheos de cariño e un amor infinito polas cousas bonitas. Neste Nadal pensa en apoiar o pequeno comercio, aos artesáns e artistas galegos, a centos de creadores independentes porque así é a maneira de medrarmos todos.

Unha aperta!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *