Letras e Pompóns

En Casal de Creación encántannos crear e encántannos as letras, por iso o celebramos xuntando todo no que máis nos gusta facer: cadros.

Con letras do famoso xogo de scrabble en madeira de pino deseñamos pequenos cadros de 11 x 10 cms. para que sexas ti mesmo quen cree o nome do teu rapaz ou rapaza, o teu mesmo, o do amigo de cumpleanos…ou sinxelamente que as combines como ti queiras.

 

 

Pequenos cadros montados e creados a man e con agarimo con ventá de passe-pa rtout de diferentes cores en madeira de ayous natural pero tamén outros con acabados a man (pintados a man, tintados a man…) para que destaques a túa letra favorita.


 

 

Dentro da colección “Scrabble” tamén facemos nomes completos, expresións e frases positivas que animen o teu día todos os días.

 

E por suposto, facemos o deseño, a palabra, o nome que ti desexes coas cores que ti desexes en acabado de ayous ou a man con cores pastel, brillantes ou mates… Personaliza o teu agasallo todo o que desexes. Pídenos o teu cadro de scrabble en: hello@casaldecreacion.com

 

One comment on “Letras e Pompóns”

  1. Ana dice:

    Bos días!
    Querería informarme do prezo dos cadros de letras tipo scrabble, se vai por tamaño, número de letra etc
    Estaba pensando en relagar un que poña:
    “Ardy Malvar é un tipo xenial”

    un saudo!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *