MANIFESTO

 

1. A creación a as persoas, primeiro. Sobre de todo, e especialmente, no tocante ao beneficio económico.

2. Enmarcación verdadeiramente democrática, de calidade e para todxs.

3.  As portas do noso espartano taller están abertas para TODXS as persoas de ben.

4. Os nosos distribuidores de materiais son locais e colaboramos coas pequenas empresas e autónomos, artistas e cooperativas, tecendo redes e medrando xuntos. Grazas e máis grazas a Mila e os transportistas de Mavigal de Silleda, a Sindo de Copistrada, a Manuel de Docereiro, a Antonio e Suso de Molvi de Ourense, Madeiras Ramos de Santiago, a Alba de Puri Areán Fotografía, a familia grande de ferretería Vilela, a Yoli e as traballadoras de Vía Deza, a  Antonio o mellor carpinteiro da bisbarra, a Rosa de Nudima, a Chema de Molduras Artesanas de Valencia…
Cando adquires unha peza pos en marcha unha engranaxe imparable na que cada un dos  seus dentes leva nome propio.

5. Os deseños nacen da nosa cabeza; os traballos rematados, das nosas mans.

6.Apoiamos a artistas emerxentes, creadores agochados, colegas que precisan dun empurrón á súa timideza e saber facer.

7. Traballamos con tendas que comparten os mesmo valores que nós: Cuarto Pexigo de Amaia en Compostela, Éxfico Concept Store de Alberto e Nuria na Guarda,  Vaidhé de Eli e Iris en Vigo, La Nona Olimpia de Victoria  en Compostela, Cardume de Carla e Sheila en Ferrol, Dona Formiginha de Nerea na Estrada, Con Un poco de Papel de Eva en Compostela, Enou de Raquel en Ourense onde tamén traballamos previamente con Basquiart do meu prezado Abraham e en Vacaloura de Tania en Silleda.

8. Respeto medioambietal mediante o aproiveitamento máximo de todos os materiais, o reaproveitamento, a reciclaxe e o traballo manual.

9. Non desligamos a arte e creación da nosa forma de entender a vida e a ética que a rixe.

10. Amamos os cans.

11. Amamos a fraternidade, a igualdade de oportunidades, o dereito á creación e á libre expresión, o acceso á cultura de todxs como dereito.

11. Somos antifascistas e a liberdade é a nosa bandeira.