Mansonia

Mansonia

Hoxe retomo despois de moito tempo a escritura no blog cunha entrada que me fai especial emoción compartir con vós. Trátase da nova madeira que imos introducir no noso sobrio catálogo. Como sabedes, en Casal de Creación traballamos só e exclusivamente en madeira de ayous crúa. Unha madeira tropical, procedente do norte de África no noso caso, cuxas garantías de producción están debidamente certificadas. A súa natureza branda, de tacto agarimoso e poroso o seu interior permíteme encolar doadamente e tamén aplicar a man todo tipo de acabados: o spray, o acrílico, tintes, vernices, ceras… É unha madeira moi agradecida que me permite innovar constantemente.
A nova madeira que incluimos é a mansonia que comparte a orixe tropical do ayous así como os tamaños de perfís pero nada máis. De tacto aterciopelado e liso, esta madeira é moito máis compacta e pesada. É unha madeira dura en oposición á outra, o que me permite usar menos grapas na sea ensamblaxe. E é unha madeira escura, este foi o que dela me namorou. Unha elegancia que transcende a apariencia pois o seu interior é exactamente escuro tal e como a vemos. Semella un marco de acabado a man, quizáis nun tinte de noga
l, máis non; o que vedes na fotografía é o acabado natural da mansonia…  Non é fermosa?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *