ENMARCACIÓN CONSERVACIÓN

  • Madeira de ayous. Traballamos exclusivamente esta madeira,tamén chamada “obeche” ou “samba”. O seu grao é medio e de fibra normalmente recta, o que xenera unha preciosa apariencia no seu acabado natural , tamén ao ser pintado especialmente con acrílico. De densidade baixa, alixera o peso dos cadros.
  • Uso de passe-partout Conservación de 1.6mm libre de ácidos, o que implica que non amarillea nin deixa marcas na obra enmarcada, a pesares do paso do tempo. Ademáis, en caso de que estés a enmarcar a túa obra con montaxe tipo ventana, o seu corte ao biés xamáis se vai a por amarel
  • Uso de adhesivos libres de ácidos e de PH respetuoso co papel da obra que son ademáis removibles; esto é, que se algunha vez desexas sacar a túa peza do marco, ésta non se vai danar por desprendela do passe-partout. Utilizamos as mellores marcas do mercado como a americana Lineco ou a inglesa UKIT Conservation Art Products.
  • Utilizamos vidro de 2mm. transparente ou antirreflexante que está separado da obra polas pequenas molduras chamadas “tabliñas” que xenera o efecto de “box frame”: é dicir converte ao cadro nunha especie de caixa con atmosfera dentro polo que o papel “respira”. A obra xamáis toca o cristal.
  • O reverso do teu cadro é de DM de 3mm. Nela toparás a pegatina Casal de Creación que garantiza o proceso manual da súa elaboración, así como o seu número de deseño que o fai único. Perlas de silicona incluídas na parte traseira para evitar rozaduras na parede e illar o cadro de posibles humidades na mesma.
  • Os colgadores son os chamado tipo “ring” que se incrustan no DM e neles sostense un cable de alambre que debido á súa natureza non afrouxa nin estira, polo que o teu cadro sempre quedará perfecto e inalterable unha vez colgado na túa parede. Para os cadros de grande formato, recurrimos a colgadores reforzados atornillados á moldura. E para os peqeunos, colgador de serreta metálico.
  • Todos os acabados dos nosos marcos son feitos a man. Elixe a túa cor, nós daremos con ela personalizando máis a túa elección. Tamén deseñamos decapados e traballamos con ceras e colorantes, toda de forma respetuosa co entorno.

Calquera que sexa o que precises enmarcar, non dubides en contactar connosco para un asesoramento amigable, profesional e personalizado. Somos especialistas en enmarcación 3D, e traballamos da forma máis respetuosa para o medio ambiente.

ASESORÍA

Calquera cousa que se che ocorra pode ser obxeto de enmarcación, só temos que pensar máis aló. Iso é o que facemos en Casal de Creación: a proposta dunha enmarcación creativa onde o marco pase a ser complemento - que non protagonista- da obra a enmarcar. Se tes dúbidas consúltanos sen compromiso que nós trataremos de encher a túa cabeza con orixinais opcións que é o que nos permite o feito de traballar partindo da madeira crúa e os acabados a man.

PERSONALIZACIÓN

Unha das chaves en Casal de Creación é a personalización dos cadros segundo a peza a enmarcar, os teus propios gustos ou o destino final da peza. Todos os nosos acabados son feitos a man entre unha paleta ampla de cores e técincas como acrílicos, ceras, tintes, sprays…..Esto permite unha achega personalizada á obra a enmarcar facendo dela algo único para ti e o teu fogar. O exemplo máis emblemático de personalización é a colección “Scrabble” onde ti elixes a palabra/s, as cores, os acabados, o passepartout,….